tag:blogger.com,1999:blog-101052923027361621.post1611275531248810213..comments2024-03-28T23:51:21.345+01:00Comments on AREL-ARTE: VENECIA Y LA LITERATURA: JOSEPH BRODSKYAnahttp://www.blogger.com/profile/03139164728411587353noreply@blogger.comBlogger6125tag:blogger.com,1999:blog-101052923027361621.post-83232678452557219102008-12-22T18:04:00.000+01:002008-12-22T18:04:00.000+01:00As felicitacións son recíprocas e extensivas a tod...As felicitacións son recíprocas e extensivas a todos aqueles que por aquí se asomaron. Feliz e venturoso aninovo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-101052923027361621.post-59398176758722297622008-12-21T00:24:00.000+01:002008-12-21T00:24:00.000+01:00Estupenda novela al igual que su versión cinematog...Estupenda novela al igual que su versión cinematográfica.
Rialto...allí estuve con Mª José hace ya unos cuantos años. Además en el Hotel Rialto, pegado al puente. Compramos algo en el mercado que citas.
Feliz año nuevo, también para AmparoAnahttps://www.blogger.com/profile/03139164728411587353noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-101052923027361621.post-54002107084486746722008-12-20T21:03:00.000+01:002008-12-20T21:03:00.000+01:00"Logo Aschenbach subiu a cuberta para ver cómo est..."Logo Aschenbach subiu a cuberta para ver cómo estaba o ceo; quizáis clarexara do lado de Venecia.
Fixera esa suposición, pois a cidade recibíao sempre con tempo espléndido. Pero o ceo e o mar seguían turbios e grises. De cando en vez caía unha chuva neboenta, e tivo que aceptar a idea de atoparse, chegando por rota marina, con outra Venecia distinta da que el coñecera cando a visitou por terra. Estaba apoiado nun mastro, coa mirada fixa en lontananza esperando ver terra.
(...)Outra vez presentábase á vista a magnífica perspectiva, a deslumbradora composición de fantásticos edificios que a república amosaba ós ollos asombrados dos navegantes que chegaban á cidade; a graciosa magnificencia do palacio e da Ponte dos Sospiros, as columnas con santos e leóns, a fachada pomposa do fantástico templo, a porta e o gran reloxo, e comprendeu entón que chegar por terra a Venecia, baixando na estación, era como entrar nun palacio pola esqueira de servicio. Había que chegar, pois, en barco á máis inverosímil das cidades.

(...) A travesía coñecida ía pola lagoa, pasando por diante de San Marcos e subindo logo pola Gran Canal. Aschenbach sentaba perto da proa, no banco circular, cun brazo extendido na varandiña, e facendo sombra nos ollos coa outra man. Quedaron atrás os xardíns públicos, e a Piazzeta abriuse unha vez máis ante os seus ollos na súa magnificencia principesca. Ó chegar á grande serie de palacios, apareceron tras un recodo da canal os arcos maxestuosos de mármore de Rialto. O viaxeiro contemplaba toda a beleza que desfilaba ante os seus ollos, e oprimíaselle o corazón. Respiraba, en aspiracións profundas e espiracións doorosas, a atmosfera da cidade, aquel cheiro lixeiramente putrefacto, de mar e de pantano, que o día anterior quixera abandoar con tanta urxencia. ¿Era posible que non soubera, que non tivera considerado ata qué punto seu corazón estaba vencellado a todo aquilo? O que pola mañá era un sentimento vago, unha leve dúbida, voltouse xa en anguria, en dor efectiva e punzante, en tribulación tan grande para a súa alma, que varias veces asomaron bágoas ós seus ollos, en forma completamenta extraña.
Aquilo que máis dooroso lle resultaba, aquilo que ás veces semelláballe absolutamente insoportable, era sen dúbida o pensamento de que xa non voltaría a Venecia, de que se despedía dela para sempre. Porque despois de ter comprobado por segunda vez que a cidade era nociva para a súa saúde, despois de verse obrigado por segunda vez a abandoala de repente, tería que considerala como unha residencia prohibida, insoportable. Insensato sería probar fortuna unha vez máis." (...)
Thomas Mann. A MORTE EN VENECIA.

Moi dacordo con vos os dous, e engadiría unha volta polo Mercato de Rialto, anque só sexa para disfrutar da Venecia popular.Saúdos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-101052923027361621.post-53362410293845788522008-12-20T17:42:00.000+01:002008-12-20T17:42:00.000+01:00Ola xa avance un pouco mais no meu blogOla xa avance un pouco mais no meu blogAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-101052923027361621.post-32594263845932527412008-12-20T12:52:00.000+01:002008-12-20T12:52:00.000+01:00Si, Venecia es de los lugares en donde a uno le gu...Si, Venecia es de los lugares en donde a uno le gustaría perderse y redescubrir...siempre.
¡Felices vacaciones!Anahttps://www.blogger.com/profile/03139164728411587353noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-101052923027361621.post-75336546160896100182008-12-20T11:23:00.000+01:002008-12-20T11:23:00.000+01:00Sen dúbida Venecia é un pracer: físico, literario,...Sen dúbida Venecia é un pracer: físico, literario, artístico.
Perderse polas súas rúas, camiñar polas beiras das canles estreitas, descubrir unha nova igrexa tras calquera esquina.
Un pracer Venecia, un pracer esta entrada.Antonio Martínezhttps://www.blogger.com/profile/07244341015135544636noreply@blogger.com