martes, 22 de abril de 2008

HOMENAJE A VAN GOGH

DON MCLEAN : TRIBUTO A VINCENT VAN GOGH 

5 comentarios:

noon dijo...

Enhorabuena por tu blog. ¡Que bien se ensambla esa música y letra con los cuadros del loco de Arlés! Siento una envidia sana por tus alumnos: cuantos hubiéramos deseado tener profesores que sintieran el arte, con la misma sensibilidad que se aprecia en tu blog.

Ana dijo...

Muchas gracias por tu comentario. Me encanta el arte y, a pesar de las dificultades, sigo ilusionándome con la enseñanza. Es muy gratificante saber que, en alguna medida, puedes estimular la sensibilidad de los jóvenes para que se acerquen al mundo de la creatividad.

O Curioso Impertinente dijo...

"En total, había uns sesenta cadros, medianos e pequenos. Algúns retratos e case todos os demáis paisaxes: Moi poucos nos que as figuras humanas foran protagonistas: Sobre todo, eran árbores, campos, fondais, penas, terras labradas, tellados, parcelas axardinadas.(...) A primeira vista pareceronme crus, turbulentos, moi toscos e extraños, e tiven que prepararme ben antes de ver xa ós primeiros como a cadros, en resumidas contas, como unha unidade -¡pero logo, logo xa vin, logo vinos todos, cada un en particular e todos xuntos, e a natureza neles e a forza da alma humana que dera forma, alí, á natureza, á árbore, ó arbusto, ó campo e á vertente que alí estaban pintados, e, aínda máis, o que había detrás da pintura, súa singularidade, a indescriptible marca de seu destino-, vino todo ata o punto de perder ante aqueles cadros o sentimento de min mesmo, de voltar recobralo con forza, e de voltar perdelo!
(...) Hai un azul vivísimo, increíble, que se repite sen cesar, un verde como de esmeraldas fundidas, un marelo tirando a laranxa. ¡Pero qué son as cores, mentras non xurda delas a vida máis interior dos obxectos! E alí estaba aquela vida interior, árbore e pedra, valo e quebrada ofrecían o máis profundo de si mesmos, por así dicir, botábanmo enriba, pero non a voluptuosidade e a harmonía da súa fermosa vida muda, como a que me afluía antano, as veces, dende os vellos cadros, como unha atmósfera máxica; non, o brío da súa existencia, a furiosa miragre, ríxida de incredulidade, da súa existencia asaltaba a miña alma. ¡Cómo trasldarche que, aquí, cada ser -un ser, cada árbore, cada bancal verde ou marelo, cada valado, cada quebrada esculpida na colina rochosa, un ser, a xerra de estaño, a fonte de barro, a mesa, o tosco asento- se me sinalaba como recén nacido do formidable caos da non-vida, do abismo da inexistencia, e que sentía, que sabía que cada un daqueles obxectos, daquelas criaturas, nacera dunha terrible dúbida sobre o mundo, e que, agora, súa existencia envolvía para sempre unha sima atroz, unha nada bocexante!(...) nunha tormenta chegábanse aquelas árbores como un galano para min, coas súas erizadas raíces en terra, coas súas pólas erizadas cara ás nubes, nunha tormenta se ofreceron aquelas terras cuarteadas, aqueles vales entre colinas, e incluso na recedume das rochas callara unha tormenta. E entón, cadro a cadro, puden sentir algo, sentir o vínculo e a cohesión daquelas creacións, cómo xurdía a súa vida interior por entre as cores e cómo as cores vivían unha para á outra, e cómo unha, misteriosamente poderosa, sostiña a tódas as demáis, e puden rastrexar en todo aquilo un corazón, a alma do que o fixera, quen se respondía a si mesmo con aquela visión, entre os espasmos da máis terrible dúbida, puden sentir, puden saber, puden penetrar coa mirada, puden gozar de abismos e de cumes, do externo e do interno, unha e outra cousa na dezmilésima parte do tempo que tardo en escribir esta frase (...)

P.S.: O home chámase Vincent van Gogh. Según as datas do catálogo, que non son moi antigas, debería vivir. Algo en min impéleme a crer que sería da miña xeración, algo máis vello ca min. Non sei se me colocarei unha segunda vez ante eses cadros, pero nese caso mercarei un deles que non levarei comigo, se non que o deixarei ó coidado do galerista.

Carta do 26 de maio de 1.901.
Hugo von Hofmannsthal. CARTAS DO QUE REGRESA.

É un fragmento extenso pero coido que paga a pena.

Ana dijo...

El arte y la literatura juntos pueden ser una explosión de belleza.
Es envidiable esta capacidad para plasmar en palabras todo lo que un artista como Van Gogh, con esa carga anímica, expresa en toda su obra a través de elementos tan simples.
Gracias por esta estupenda referencia, intentaré leer ese libro, aunque , como siempre, el tiempo que tenemos parece que se encoge y no nos deja abarcar todo lo que deseamos.
Hasta pronto

O Curioso Impertinente dijo...

Como o tempo non sobra, advírtoche que das cartas que compoñen o libro, a única que fala de arte é a que hai aí enriba e, salvo un par de cortes para alixeirar, está exposta na súa práctica totalidade.
En calquera caso, Hofmannsthal,que foi libretista de Richard Strauss, é un escritor apaixoante.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails