domingo, 4 de enero de 2009

VISITA VIRTUAL A LA EXPOSICIÓN SOBRE BESTIARIOS MEDIEVALES EN LA BNF

 http://expositions.bnf.fr/bestiaire/expo/index.htm

8 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Sempre me gustaron moito as bestas que a arte románica nos deixou nos canzorros, nas pinturas ou nos textos iluminados. Moitas grazas por compartir esta exposición.

Anónimo dijo...

Excelente a exposición do bestiario, que xa ten algún tempo, como polo regular son todas as da BNF, moi coidadas (ésta mesmo ten traducción ó castelán), con abundante e ben disposto material pedagóxico e a posibilidade de desfrutar das miniaturas a toda pantalla, tamén de imprimilas. Soberbia.
Por se alguén tivera interese, deixo de seguido unhas referencias sobre o tema.
- BESTIARIO MEDIEVAL. Editado por Siruela en 1996 e volto a editar en 2002.
-FAUNA FANTÁSTICA DE LA PENÍNSULA IBÉRICA. Editada por Kriselu(1991)
-EL BESTIARIO ESCULPIDO EN NAVARRA. Editado en 1983 e reeditado en 1997 polo Gobierno de Navarra.
Os tres son da autoría de Ignacio Malaxecheverría, unha autoridade neste campo. O segundo deles, nesa edición de Kriselu, é unha maravilla de formato grande, estupendo papel e moi boas reproduccións.
-BESTIARIO EN PEDRA. ANIMAIS FABULOSOS NA ARTE MEDIEVAL GALEGA. Editado por Nigra Tea (2004). Éste tócanos máis perto e é obra do antropólogo X. R. Mariño Ferro e de Carlos López Bernárdez.

Anónimo dijo...

Os bestiarios, amén do interese para os investigadores, seguen a fascinar ós escritores actuais.
De xeito esporádico ou con dedicación plena, botaron man deles, entre outros, Umberto Eco (anecdóticamente en "O Nome da Rosa"), Álvaro Cunqueiro nalgunhas das súas creacións ou Javier Tomeo que lle adicou dous libros: "Bestiario" e "El Nuevo Bestiario".
Rafael Pérez Estrada, atraído por esas criaturas fabulosas, compuxo un novo bestiario, o "Bestiario de Livermoore", no que propón trinta e catro "especimes", a cal máis suxeridor: "Centauro errático", "Simio disconforme", "Toro místico", "Sirena del aire" ou este "Pájaro de la luz": "(..) es sólo un destello, un resplandor que vuela el arco velado de algunas intimidades. (...) puede, a un solo impulso de su voluntad, descomponerse en los colores del arco iris (incluso haciendo buen tiempo)".
Agora só precisariamos o artista que os plasmara para o noso gozo.
Un saúdo.

Ana dijo...

Antonio, es interesante y evidente como se transmite la iconografía a través de la historia del arte. Creo que los artistas casi nunca se libran de las referencias del pasado. Si pueden seleccionar entre ellas lo que se adapta a sus deseos expresivos y reinterpretarlos (el arte está lleno de reinterpretaciones).
El origen de estos bestiarios creo que es oriental, de las primeras civilizaciones urbanas.

Ana dijo...

Curioso impertinente (que tienes mucho de curioso y muy poco de impertinente), para mi fueron un descubrimiento las exposiciones virtuales de la BNF. Son muy buenas.
Veo que estás muy puesto en esto de los Bestiarios. Gracias por la bibliografía.
Lógico que los escritores que citas se interesen por el tema porque es fascinante todo ese mundo imaginativo y fantástico, muy literario.
El escritor y el artista juntos nos proporcionan muchos momentos de disfrute. Su colaboración cierra el círculo de la creación artística. ¡Que siga!...
Saludos

Anónimo dijo...

Foi un despiste. Falaba dos investigadores e dos escritores e esquencín ós artistas plásticos, que son os máis axeitados para citar neste blog.
Que resulta que a finais do século XX e comezo do XXI, aínda hai autores gráficos que insisten na zooloxía fantástica:
- CODEX SERAPHINIANUS de Luigi Serafini. FMR en 1981.
- BESTIARIO DE ALOYS ZÖTL de Aloys Zötl. FMR en 1983.
- BESTIARIO de Ops. ALFAGUARA en 1989 e reedición aumentada en EDITORIAL MEDUSA en 2002.
Os dous primeiros xuntan, como ti dicías, ó escritor e ó artista. O CODEX leva un prólogo, escrito ex profeso para o libro, de Cortázar (que tamén conta cun Bestiario) e o de Zötl ten un ensaio-prólogo de Italo Calvino.
Aloys Zötl (1831-1887) en puridade pertence ó XIX, non así os outros que inda viven. Ops, co seudónimo de El Roto, debuxa a diario en EL PAÍS.

"Un bestiario, un zoológico: espejos. Esos que no tenemos en nuestros cuartos de baño, pero en los que conviene ir a mirarse de cuando en cuando" Julio Cortázar.

A curiosidade exérzoa a tempo completo, o da impertinencia vaime levar un pouco máis , pero todo chegará.
Saúdos.

Ana dijo...

¡Bien por la información!
Por cierto Mª José y yo participamos en un curso de la Menéndez Pelayo, en Santander, que precisamente trataba el tema de "Libros para ver, libros para leer" sobre miniaturas medievales. Se adaptaba a los intereses de ambas y fue muy gratificante la experiencia.
Aguda la frase de Cortázar...como su literatura.

Anónimo dijo...

Imos ver, que me enleei un pouco.
O prólogo de Cortázar foi para o Bestiario e o de Calvino para o Codex, así é como é.

Me parece moi ben o da Menéndez Pelayo. María José máis ti deberiades repetir porque iso é o que se ten que facer coas boas experiencias. Envexa me dades...

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails